Thursday 16 de May de 2024

O delegado territorial da Xunta na cCoruña, Ovidio Rodeiro, participou na procesión do Santísimo de Palmeira, en Ribeira


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta tarde na procesión do Santísimo, na parroquia ribeirense de San Pedro de Palmeira. Rodeiro acudiu acompañado polo alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e polo exalcalde e ex presidente da Deputación José Luis Torres Colomer. Un ano mais, as rúas próximas á igrexa cubríronse de alfombras florais multicolores, marcando o paso da comitiva. Os tapices foron elaborados polos veciños da parroquia, que dedicaron o seu tempo e esforzo durante varios días para que todo estivese perfecto. Previamente oficiouse a misa correspondente á celebración do Corpus, na que tamén tomou parte o delegado.

Ovidio Rodeiro agradeceu en nome da Xunta de Galicia á invitación a esta festa e amosou especial interese en saudar e felicitar persoalmente aos veciños que desde hai día traballan para que as alfombras convertan esta celebración nunha espectacular manifestación de devoción en un atractivo turístico para a comarca do Barbanza.